Novas de alg-a
Presentacion Alg-a en Porto.
xoves, 18 de decembro do 2008, por srpause.

O pasado martes presentamos Alg-a no espazo do colectivo portugués Audiencia Zero, localizado en Porto.

Daniel Lercher no netlabel alg-a
mércores, 17 de decembro do 2008, por Berio.

Daniel Lercher (Viena) vén de publicar o traballo Resonanzen no netlabel alg-a.

Un traballo sobre o fenómeno da vibración sonora, timbre e extructuras armónicas.

alg046 - Daniel Lercher - Resonanzen

Entrevista a Isaac Cordal
martes, 16 de decembro do 2008, por isaac-cordal.

CUESTIÓNS_VISIBILIDADE

Entrevista feita por Xosé Manuel Lens para o capítulo Cuestións de visibilidade do libro Espazo documental.

Intercambio Audiencia Zero + Alg-a no Porto
mércores, 10 de decembro do 2008, por madamme.

Comeza a materializarse a colaboración entre as asociacions culturais Audiencia Zero e Alg-a. Polo de agora propómosvos dous eventos para este mes de Decembro no Porto:

++Concerto Arponeros (rock-Vigo) + Karma Cola (pop experimental-Porto), o Sábado 13 as 23.30 no espazo Chá das Eiras. Entrada única: 4€

++ Palestra-presentación dá rede Alg-a, na sede social de Audiencia Zero, en San Mamede de Infesta (Porto), o Martes 16 as 21.30. Entrada libre.

Entrevista a Berio Molina
martes, 2 de decembro do 2008, por Berio.

Entrevista realizada a Berio Molina para o Espazo Documental.

Preguntas: Saleta González Carnero.

 
0 | 5 | 10 | 15 | 20 | 25 | 30 | 35 | 40 |...
Revista alg-a
IN-SONORA V, Convocatoria / Call 2009
mércores, 7 de xaneiro do 2009 , por Chiu Longina.

BASES CONVOCATORIA 2009 PARA LA QUINTA MUESTRA DE ARTE SONORO E INTERACTIVO "IN-SONORA"

Fecha convocatoria del 1 al 30 de Enero 2009 (para envío por correo postal se admitirá que esté sellado el día 30 siempre que sean envíos nacionales)

Stop Israel. Gaza libre!
martes, 6 de xaneiro do 2009 , por Isaac Cordal.

"O terrorismo é a guerra dos pobres contra os ricos. A guerra é o terrorismo dos ricos contra os pobres". Peter Ustinov.

Edicións espontáneas.
martes, 23 de decembro do 2008 , por Isaac Cordal.

Edicións espontáneas é un proxecto crítico sobre arquitectura e a transformación do territorio codirixido polos arquitectos Toni García e Yolanda Somoza dende A Coruña. No seu espazo web pódese atopar novas relacionadas coa arquitectura sostenibel, entrevistas a outros arquitectos, inxustizas en Monte Alto relacionadas coa especulación, etc

Arquivo audiovisual Balor.
luns, 22 de decembro do 2008 , por Isaac Cordal.

Balor, a little Galician accent but good é un proxecto documental opensource sobre a creación colectiva de cultura independente galega, percorrendo dende os albores do s.XX ata os nosos días.

Neste mes de Decembro comezamos a subir entrevistas o noso arquivo audiovisual, nel podedes atopar entrevistas a Roberto Varela, Antón Cabaleiro, Octavio Vázquez, Ruben Santiago, Miguel González. Nos vindeiros meses subiremos a web gran parte do material gravado.

Touched echo por Markus Kison.
venres, 19 de decembro do 2008 , por Isaac Cordal.

"Touched echo" é unha interesante intervención sonora realizada polo artista alemán Markus Kison nun espazo público. Os visitantes da Terraza do Brühl (Dresde, Alemaña) son trasladados no tempo á noite do terrible ataque aéreo que este lugar sufriu o 13 de Febreiro de 1945. Para facerse unha idea de como quedou a cidade clicka aquí.

0 | 5 | 10 | 15 | 20 | 25 | 30 | 35 | 40 |...